miércoles, 26 de marzo de 2014

AS ARTES NA EDUCACIÓN

No CPI Conde Fenosa, comezaron unha experiencia moi enriquecedora e que pretende valorar a importancia das artes na educación, para acadar o desenvolvemento integral nas persoas. 

Como unha imaxen vale máis que mil palabras, déixovos  o enlace do seu blogue para que botedes un vistazo. Espero que vos animedes, eu xa estou pensando en que lles podo mandar. Axudádesme?

Un ArTiStA eN tI (Carta de presentación)

martes, 18 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

Xa non queda nada para disfrutar das filloas, orellas e outras larpeiradas destas datas, pero antes temos que comezar cos mandados e o día da festa disfrazarnos, facer gala das nosas habilidades e bailar todas e todos xuntos para dar comezo ao Entroido.

Déixovos uns vídeos das danzas para este ano. Son típicas de Gran Bretaña. Espero que vos gusten e que nos divirtamos moito. A bailar!!!!

Clawdd Offa

Dawns Harlech

Cylch Cymry


Tamén enlazo a canción que me recomendou a mestra de música, María José García, á que llo agradezo enormemente, porque penso que imos rir a cachón coa seguinte coreografía. Vós mesmas/os!

O baile do cadrado



domingo, 26 de enero de 2014

Día da Paz

Sólo tres letras

Sólo tres letras, tres letras nada más.
Sólo tres letras que para siempre aprenderás.
Sólo tres letras para escribir PAZ. 
La P, la A, y la Z, sólo tres letras. 
Sólo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ. 
La P de pueblo, la A de amar 
y la zeta de zafiro o de zagal. 
(De zafiro por un mundo azul, 
de zagal por un niño como tú.)
                                    
                                                      Gloria Fuertes 



Con este poema quero comezar o post para invitarvos a participar na nosa particular proposta no día da Paz. Un multipartido ao colpbol, no que o obxectivo será pasar un recreo divertido xogando a un deporte distinto. Anímaste? 

O día 30 de xaneiro dende as 11:10h ata as 12:30h.

Déixovos un enlace onde podedes averiguar máis cousas do 

martes, 21 de enero de 2014

A Capela (Terceiro ciclo)

Nada máis comezar as clases, tivemos unha saída ao centro CEIP Monasteiro de Caaveiro en A Capela. Compartiron con nós parte do seu proxecto "Brinquedos" no que traballan/xogan/divírtense con 20 xogos tradicionais. 
Dende aquí queremos agradecerlles ás nenas, nenos e a Xabier pola súa amabilidade.
Queredes ver o ben que o pasamos?




























































lunes, 20 de enero de 2014

A Capela (Segundo Ciclo)

Aquí a mostra gráfica do ben que o pasamos na xuntanza coas nenas e nenos do segundo ciclo de A Capela.